jueves, 3 de marzo de 2016

APRENDEMOS CON BRENDAN

OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE OS INSTRUMENTOS MUSICAIS, AS SÚAS FAMILIAS, O SEU SON,OS MATERIAIS DOS QUE ESTÁN FEITOS,...

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA ESPECIAL NA AULA DE MÚSICA.

BRENDAN, O NOSO PROFE DE CONVERSA,VIU A TOCAR E A FALARNOS SOBRE DOUS DOS INSTRUMENTOS QUE DOMINA.

 O UKELELE (UKULELE)


A TROMPETA PEQUENA (POCKET TRUMPET)

AQUÍ TEDES A BRENDAN TOCANDO O UKELELE



THANKS BRENDAN !!!

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS

OS ARTISTAS DE 3ANOS COMEZAMOS A COSTRUIR OS NOSOS PAUS DE CHUVIA.

UTILIZAMOS TUBOS DE CARTÓN E POR EQUIPOS PINTAMOS A BASE DE COR COA AXUDA DOS RODILLOS DE ESCUMA.

lunes, 15 de febrero de 2016

COPLA DE ENTROIDO

Este ano, con motivo do 25 aniversario do cole, decidimos facer unha única Copla para o Entroido.

Primeiro, de forma individual, todos/as os nenos e nenas de Primaria propuxeron distintas cancións que nos podían valer como base para a nosa copla.
En cada clase decidiuse, por CONSENSO, cal era a canción seleccionada. Das 6 elixidas, a profe valorou cal podía ser a mellor para este traballo (Mi gran noche de Raphael).

O segundo paso foi o traballo có texto e a creación da letra por grupos COOPERATIVOS.


 
 Por último decoramos a nosa Copla

Un momento dun ensaio xeral todos/as xuntos

A nosa Copla "25 ANOS XUNTOS"